DE AMICITIA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acerca da amizade

Un autor latino chamado M. T. Cicerón (106-43) realizou un pequeno tratado sobre a amizade do cal entresacamos as seguintes reflexións para comezar este curso 06-07 de Cultura Clásica.

 

Vera amicitia sempiterna est.

"A verdadeira amizade é sempre eterna"

Sublata amicitia, quae posset esse vitae iucunditas?

Se suprimes a amizade, cal pode ser o atractivo da vida?

Recte Ennius (dixit):"Amicus certus in re incerta cernitur"

Con razón dixo Ennio: un bo amigo

coñécese na ocasión incerta.

Volver a Cultura Clásica

 

Solem enim e mundo tollere videntur qui amicitiam e vita tollunt, qua nihil a diis immortalibus melius habemus, nihil iucundius. (De Amicitia XIII-47)

Parece que apaga o sol quen fai desaparecer do mundo a amizade, non recibimos nada mellor nin máis agradable dos deuses inmortais.

M. T. CICERÓN

A AMIZADE DOS AUTORES CLÁSICOS

A amizade é unha alma que habita en dous corpos,

un corazón que habita en dúas almas.

ARISTÓTELES

 

Propiedades da amizade:

Platón: Non deixes medrar a herba no camiño da amizade.

Sócrates: Preferide entre os amigos non só aqueles que se entristecen coa nova dunha desventura vosa, se non aínda máis aos que na vosa prosperidade non vos envexan.

Aristóteles: Cando os homes son amigos, non precisan de xustiza, pero aínda que os homes sexan xustos, precisan da amizade. Portémonos cos amigos como quereríamos que eles se portaran connosco.

Catón: Cando un ten motivos para queixarse dun amigo, convén separarse del gradualmente, e desatar, mellor que rachar, os vencellos da amizade.

Isócrates: Probamos o ouro no lume, distinguimos aos nosos amigos na adversidade.

Xuvenal: Nunca é longo o camiño que conduce a casa dun amigo.

Séneca: Sabede que cando un é amigo de si mesmo, éo tamén de todo o mundo.

Publio Siro: Unha amizade que remata nunca comezara.

Eclesiastés: O amigo fiel é unha defensa poderosa; quen o acha achou un tesouro.

 

O número de amigos:

Aristóteles: Ter moitos amigos: non ter ningún amigo.

Plutarco: A amizade é animal de compañía non de rabaño.

OVIDIO: Mentres sexas feliz terás amigos; pero se a fortuna che é adversa, ficarás só.

Séneca: É dificil ter como amigos a todos, basta con non telos como inimigos.

 

NOTA: Ao longo do presente curso imos ir ampliando este traballo coa aportación dos alumn@s, pero para comezar deixamos xa constancia dunhas cantas citas de interese a modo de limiar. As fotos de grupo da cabeceira son da saída de Cultura Clásica dos cursos de 4º da ESO a Lugo en maio do 2006.