
A TRAVÉS DAS PALABRAS
Platón incluíu na definición do ser humano a peculiaridade de ser o único capaz de recibir un coñecemento a través das palabras.
Contan unha anécdota sobre o filósofo ateniense Platón que estando rodeado de discípulos e intentando distinguir ao ser humano dos restantes seres vivos dixo:
HOMO ANIMAL BIPES SINE PENNIS, é dicir: "o home é un animal bípedo sen plumas".
Todos aplaudiron, pero outro filósofo chamado Dióxenes achegouse e soltando no medio dos contertulios un polo desprumado respondeu con ironía:
ECCE HOMO PLATONIS "Aquí tedes o home de Platón".
Logo Platón, ante a irrefutable resposta e acordándose de Sócrates, o seu mestre, reflexionou e completou a súa definición:
"O home é un animal bípedo sen plumas e coas unllas lisas...
O único ser capaz de recibir un coñecemento a través das palabras"
(ou o que é o mesmo por medio do diálogo).
Mais por que o famoso filósofo Platón chegou a semellante definición?
Posiblemente tivo moito que ver o seu mestre o enigmático e sorprendente Sócrates.
A través das palabras…
coñecémonos.
A palabra diálogo é unha palabra grega:
dia" a través de" - logos "palabra"


SÓCRATES, A COMADROA NO PARTO DO PENSAMENTO OCCIDENTAL
Sócrates dicía :
"o meu traballo de parteiro aseméllase en todo ao das comadroas, só que elas actúan sobre os corpos e e eu sobre as almas"
Se queres saber porque o dicía pulsa en O DIÁLOGO DE SÓCRATES CO MUNDO
