A CULTURA CLÁSICA NA ESO

A materia de Cultura Clásica é de oferta obrigada para os centros de secundaria segundo a lei. Pero independentemente do seu carácter legal e normativo, a Cultura Clásica resulta ser un encontro crucial coa propia lingua e unha base fundamental moi rendable para o dominio doutros idiomas. Nun mundo no que o dominio de varias linguas hoxe está moi valorado esta asignatura é tremendamente eficaz neste apartado.

A materia de Cultura Clásica incide no recoñecemento da nosa cultura, das raíces grecolatinas de Occidente, de Europa, de España, de Portugal e de Galicia, un soporte insustituible para manter viva a conciencia da nosa identidade. Na revisión de métodos e contidos que a Reforma educativa supón a Cultura Clásica nace como unha nova materia cun forte poder interdisciplinar. Os seus especialistas son moi conscientes da necesidade e da eficacia da actualización dos contidos e métodos empregados colocándose así na vangarda na elaboración de todo tipo de recursos docentes. Será isto evidente para calquera persoa que se achegue aos numerosos e valiosos materiais pedagóxicos que relacionados coa Cultura Clásica se están realizando.

En resumo a Cultura Clásica é esa materia insustituible que poderá axudar a:

- Coñecer mellor o túa lingua, vehículo fundamental de todo ser humano.

- Achegarte e dominar outras linguas modernas (inglés, francés...)

- Adentrarse no mundo dos mitos, da literatura, as artes creativas e o humanismo en xeral.

- Comprender as claves da civilización europea ou occidental.

- Disfrutar dunha moi variada e atractiva serie de materiais pedagóxicos, altamente participativos e dinámicos como poucas materias poden presentar.

PROGRAMACIÓN

OBXECTIVOS XERAIS

1. Recoñecer en que medida o presente e resultado do pasado Comparar os elementos característicos das culturas clásicas cos das actuais a través dos textos e monumentos clásicos como unha primeira fonte de información para valorar a influencia da civilización grecolatina nas diferentes manifestacións das culturas occidentais actuais.

2. Identificar aqueles fenómenos culturais que partindo do pasado, seguen vivos na actualidade Amosar curiosidade pola lectura de textos clásicos sobre temas diversos e a observación de vestixios da antigüidade clásica, e valorar e emitir xuízos críticos sobre costumes, acontecementos, feitos literarios... que, procedentes da civilización clásica, aínda perduran.

3. Recoñecer a orixe grecolatina das linguas galega e castelá e das faladas na meirande parte de España e de Europa Identificar elementos lingüísticos comúns entre elas e valorar a súa orixe común como manifestación de variedade e riqueza cultural.

4. Identificar os elementos lingüísticos e culturais que subxacen na cultura europea Reflexionar sobre os mecanismos da lingua latina para a formación de palabras e contrastar as estructuras lingüísticas do latín e das linguas de uso dos alumnos.

5. Utilizar axeitadamente o manexo de fontes antigas diversas, contrastando o seu contido e a súa forma coas fontes modernas Perfeccionar as técnicas de manexo e interpretación de fontes antigas e contrastalas coas modernas.

6. Estudar a lingua latina como instrumento para a adquisición doutras linguas antigas e modernas Interesarse polo seu coñecemento en aspectos relacionados coa morfoloxía, léxico... e valorar os restos lingüísticos en prefixos, sufixos, raíces, topónimos, onomástica... así como recoñecer nas diversas linguas coñecidas e estudiadas os fundamentos estructurais latinos, tomándoos como punto de apoio para a mellora do uso da propia lingua e a aprendizaxe doutras linguas.

7. Recoñecer os elementos básicos da civilización clásica na cultura local, hispánica e europea nas súas diferentes manifestacións Identificar na cultura propia, na hispánica e na europea as pegadas da civilización clásica.

8. Identificar o ámbito xeográfico no que se espallou a cultura clásica e como foi evolucionando ó longo do tempo Recoñecer os elementos lingüísticos e culturais procedentes do mundo clásico que subxacen na cultura europea.

9. Comprender e disfrutar daqueles fenómenos da cultura grecolatina que seguen conformando o contorno cultural no que se atopa o alumnado Descubrir no contorno local aspectos e elementos procedentes da cultura clásica, sabéndoos apreciar en textos, monumentos, institucións... e amosar hábitos de consulta das fontes grecolatinas en bibliotecas, museos... utilizándoas convenientemente para a comprensión e emisión de xuízos críticos sobre aspectos socioculturais actuais.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Situar no espacio e no tempo os fenómenos histórico-sociais máis relevantes da civilización grega e da romana, reparando especialmente no fenómeno da Romanización. Confeccionar mapas situando nos mesmos o desenvolvemento do imperio romano, as diferentes divisións administrativas de Hispania, as vías de comunicación e os topónimos latinos con especial atención á provincia Gallaecia. - Situar espacial e temporalmente fenómenos do contorno referidos á cultura clásica (grandes monumentos, obras de arte, orixe de pobos e cidades...) - Coñecer aspectos esenciais da historia dos gregos e romanos para establecer relacións entre as manifestacións actuais da cultura e as súas raíces, é dicir, establecer as semellanzas e diferencias en fenómenos relevantes da sociedade grecolatina e a sociedade actual. Comprender e razoar os feitos da Romanización e a súa pegada.

2. Identificar, agrupar e caracterizar prefixos e sufixos de orixe latina e grega, e analizar los helenismos e os latinismos da linguaxe científica e técnica e mesmo da linguaxe habitual, nas linguas galega e castelá. Identificar os mecanismos principais da lingua latina para a formación de palabras (derivación, composición) e establecer comparacións oportunas cos procedementos usados na propia lingua. Comprender o significado de palabras da propia lingua descubrindo o seu significado grazas ó recoñecemento dos principais prefixos e sufixos cultos. Coñecer os mecanismos principais para a formación do léxico latino e valorar as aportacións como un medio enriquecer o propio vocabulario e mellorar a súa precisión.

3. Identificar os principais cambios no vocalismo e no consonantismo desde o latín ás linguas romances Comprender a evolución dos fonemas desde o latín ás linguas romances. Aplicar os coñecementos teóricos aprendidos a palabras nas que sexa facilmente observable a evolución dos fonemas desde o latín ás linguas romances.

4. Relacionar semanticamente cultismos e palabras patrimoniais con palabras latinas orixinais. Ampliar o vocabulario relacionado cos diversos campos do saber, sabendo detectar en textos de uso habitual (prensa, libros divulgativos...) termos latinos e helenísticos. Producir textos orais e escritos utilizando un vocabulario axeitado ó tema e a súa intención, incorporando termos procedentes do latín e do grego.

5. Aplicar os coñecementos teóricos á resolución práctica de problemas (traducir frases e textos latinos sinxelos). Expresar comprensivamente nas linguas galega e castelán os conceptos e as formas lingüísticas do latín. Mellorar as propias produccións orais e escritas mediante a aplicación do observado no estudio das estructuras lingüísticas latinas, e utilizalas na elaboración e revisión dos escritos.

6. Descubrir as principais as obras de creación da cultura clásica nas diferentes épocas da cultura occidental, tanto de corte espiritual(mitoloxía, filosofía) como de corte material (os distintos estilos arquitectónicos, escultóricos e pictóricos do mundo clásico)atendendo as súas características peculiares. Recoñecer as principais características das culturas grega e latina (pensamento, sociedade...) mediante a lectura e a análise de textos de diversa temática. Identificar os ideais éticos e estéticos e os rasgos xerais da organización política de Grecia e Roma a través da lectura e o comentario de textos clásicos sobre distintos temas (filosofía, arte, literatura). - Descubrir como a mitoloxía greco-latina, a escultura, a arquitectura e a pintura clásicas permaneceron ó longo da historia da cultura occidental.

7 . Recoñecer os principais xéneros e autores da literatura greco-latina e identificar personaxes, recursos e argumentos esenciais das obras máis destacadas, lidas ou estudiadas na aula. - Coñecer obras e autores clásicos a través da súa lectura e posterior análise. - Reparar na pervivencia dos temas clásicos na literatura e arte universais. - Descubrir como a mitoloxía é un tema recorrente da literatura clásica e das artes a través de símbolos

8. Recoñecer determinados costumes de hoxe ou tradicións aínda vivas á luz de textos ou situacións do mundo clásico. Comprender aqueles fenómenos culturais ou modos de comportarse actuais que teñen a súa raíz no pasado clásico. - Identificar os aspectos culturais procedentes do mundo clásico mediante a análise de costumes de hoxe, a observación de obras de arte e a lectura de textos literarios actuais que tratan temas e tópicos da literatura clásica.

TEMPORALIZACIÓN CULTURA CLÁSICA 4º ESO

(1º trimestre)curso 2006-2007

Bloque de contidos : Autumnus tempus mortis in Gallaecia... 1ª Avaliación

CONTIDOS

Unidade 1ª O Marco xeográfico da Cultura Clásica: Grecia e Roma.

Unidade 2ª Do indoeuropeo ao latín. Do latín ao galego. Unidade

3ª A marabillosa historia das letras: do alfabeto grego ao latino.

Unidade 4ª Da orixe do Cosmos ao Olimpo. As idades do home.

Unidade 5ª O mundo castrexo.

Unidade 6ª O Latín: lingua flexiva. Os casos.

Unidade 7ª O Outono e a morte no mundo greco-latino. Pervivencias.

Unidade 8ª De Troia a Roma. Navegando nas lendas da fundación.

Unidade 9ª Xénero épico na literatura de Grecia e Roma.

Unidade 10ª As declinacións latinas e as conxugacións verbais. Vocabula inicial.

Unidade 11ª O mundo galaico- romano.

Unidade 12ª Evolución das vogais e consoantes latinas. Palabras patrimoniais, cultismos, semicultismos, latinismos, etc

LECTURAS DE TEXTOS DA ÉPICA: Xasón e os Argonautas, Ilíada e Odisea ( selecta de cantos)

 

(2º trimestre)curso 2006-2007

Bloque de contidos : Kalendas et idus...Domi militiaeque 2ª Avaliación

CONTIDOS

Unidade 13ª Problemas de calendario.

Unidade 14ª Etapas da Historia (Grecia Antiga e a formación do Imperio)

Unidade 15ª Domi militiaeque. (Urbanismo, Relixión, Ludus e Exército).

Unidade 16ª Do inverno á primavera. Festas e mitos do amor I.

Unidade 17ª Prefixos e sufixos de orixe greco-latina. Toponimia e Antroponimia.

Unidade 18ª A flexión verbal latina. Os pronomes latinos. Vocabula.

Unidade 19ª Vida cotiá en Grecia e Roma.(A familia, a casa, a educación).

Unidade 20ª Do Mito ao Logos: Correntes filosóficas. Democracia e Oratoria.

Unidade 21ª Da Gallaecia romana ao reino medieval. Marín e a Cultura Clásica.

Unidade 22ª O Teatro Clásico: Introducción.

Unidade 23ª Mulleres senlleiras no mundo greco-latino.

Unidade 24ª Nocións elementais de sintaxe latina I(Concordancias, a oración, etc..)

LECTURA DE DÚAS OBRAS DO TEATRO CLÁSICO: Edipo Rei e Aulularia.

(3º trimestre)curso 2006-2007

Bloque de contidos : Omnia vincit Amor et Olimpíadas 3ª Avaliación

CONTIDOS

Unidade 25ª Heroes, monstros e metamorfoses famosas da Mitoloxía

Unidade 26ª Olimpíadas: traballo específico.

Unidade 27ª Flora et fauna. Vocabula.

Unidade 28ª A lírica grega e romana. De Safo a Catulo.

Unidade 29ª Mitos do amor II. Parellas divinas.

Unidade 30ª Nocións elementais de sintaxe latina II (Comparativos, pasiva, etc...)

Unidade 31ª A pegada grega e o proceso de Romanización.

Unidade 32ª O mundo científico greco-latino. Vocabula.

Unidade 33ª A Artes Plástica e Musical e a cultura clásica. Cine e Cultura Clásica.

Unidade 34ª Teatro clásico: recreación.

Unidade 35ª Cultura clásica e literatura.

Unidade 36ª Nocións elementais da sintaxe latina III(iniciación á sintaxe subordinada )

LECTURAS TEXTOS SELECCIONADOS DA LÍRICA e UNHA NOVELA HISTÓRICA.

Volver a Cultura Clásica
PROGRAMA DE CULTURA CLÁSICA IVº ESO- Curso MMVI / MMVII