

AUTUMNUS, MORTIS TEMPUS
Este é un dos primeiros temas nos que a través dos textos da literatura latina ou de textos actuais inspirados na historia de Roma poñemos buscamos puntos de contacto entre a sociedade de hoxe e a de onte, tentando facer énfase precisamente nas relacións que mantemos co noso pasado, especialmente co mundo grecolatino.
A casualidade fixo que atoparamos nunha inscripción funeraria latina parlante a mesma fórmula que a empregada no noso idioma en Galicia 2000 anos despois.
QUOD NUNC ES, FUI. ----------------O que agora es, fun.
QUOD EGO SUM, ERIS. ---------------O que eu son, serás.
Atréveste a traducir o seguinte epitafio?
Xa que comezamos con epitafios observa este texto doutra lápida parlante, é dicir, na que o morto finalmente fala co lector da mesma:
POSITUS EST HIC LEBURNA
MAGISTER MIMAIORUM QUI
VIXIT ANNUS PLUS MINUS
CENTUM: "ALIQUOTIENS MORTUUS
SUM, SED SIC NUMQUAM".
Vocabula para a traducción:
D.M.: Para os Deuses Manes.
Hic: adv. aquí.
Leburna: Leburca, nome propio.
Mimaiorum: de actores.
Vixit: perfecto do verbo vivir.
Aliquotiens: adv. moitas veces, frecuentemente.
Sed:conx. pero.
Sic: adv. deste modo, así.
UNHA MORTE IMPERIAL
Tiberio Claudio morreu no ano 54 d.C. un 13 de outubro.
C. SUETONIO TRANQUILLI é un historiador romano do século primeiro. Na súa célebre "DE VITA DUODECIM CAESARUM" (A vida dos doce Césares) elabora unha biografía ben documentada e contrastada coas diversas opinións que sobre a vida dos primeiros emperadores romanos (contando ao propio Xulio César)circulaban por Roma.
Sobre a morte de Tiberio Claudio o que el denomina o DIVUS CLAUDIUS escribe:
Quidam tradunt epulanti in arce cum sacerdotibus per Halotum spadonem praegustatorem; alii domestico convivio per ipsam Agrippinam, quae boletum medicatum avidissimo ciborum talium optulerat.Etiam de subsequentibus diversa fama est. Multi statim hausto veneno obmutuisse aiunt excruciatumque doloribus nocte tota defecisse prope lucem.
(Suetonio, De vita duodecim Caesarum- Divus Claudius 44).
"Aseguran algúns que foi o eunuco Haloto, catador dos seus alimentos, cando asistía a unha comida cos sacerdotes na fortaleza; outros din que foi a propia Agripina que nunha comida en palacio ofreceulle unha seta envelenada, a Claudio tipo de manxar do que tiña grande avideza.Circulan tamén diversas versións sobre os acontecementos posteriores. Moitos opinan que ao instante perdeu a fala pola queimante acción do veleno e con grandes dores atormentado durante toda a noite, morreu ao mencer."
Tras coñecer o texto clásico realizaremos a visualización da morte de Claudio en versión da BBC ( cap. XIII da serie televisiva) e baseada na novela de ROBERT GRAVES, Eu, Claudio (podes buscalo tamén na rede)unha biografía ficticia no que as derradeiras palabras por boca da Sibila indica ao vello Claudio que debe partir, que peche os ollos, que o barqueiro está esperando, só hai un paso ata a barca. Aparece aquí a concepción mediterránea da viaxe dos mortos, guiados por Caronte, o barqueiro, cara o mundo subterráneo.
Realizaremos un breve comentario das semellanzas e diferenzas entre ambos textos, o antigo e arecreacción moderna de R. Graves, lembrando acontecementos como que Claudio sucedeu a Calígula no goberno supremo de Roma por vontade dos propois asasinos do seu antecesor, pero tivo axiña mostras de que podía ser un bo emperador. Ao final dos seus días, a súa segunda esposa, Agripina logrará colocar ao seu fillo como sucesor lexítimo de Claudio, ante o cal procurará a morte de Claudio e a destrución do seu legado.
Se queres coñecer o texto íntegro en latín visita http://www.thelatinlibrary.com/suetonius/suet.claudius.html ou algo sobre a vida de Claudio na rede consulta http://es.wikipedi.org/wiki/Claudio.


Día 21 D.IX Kalendas Martias FERALIA
As Feralia, último día das Parentalia.
"É unha testemuña de respecto o tratar de aplacar nas súas sepulturas ás almas dos antepasados e levarlles modestas ofrendas ás tumbas que se lles ergueron. Os Manes esixen pequenas cousas: apiedade resúltalles máis grata que os ricos presentes. A profunda Estixia non posúe deuses ávidos. Unha tella velada polas coroas votivas, unhas sementes espalladas, uns poucos grans de sal, dons de Ceres empapados en viño e algunhas violetas esparexidas; que unha ánfora conteña deixada no medio do camiño conteña estes presentes.Non prohibo ofrendas maiores; pero coas mencionadas pode aplacarse a sombra dos mortos.Despois de erguer o fagar para o sacrificio, engadide plegarias e as fórmulas apropiadas.
Este costume, xusto Latino, trouxoo ás túas terras Eneas, o máis acabado modelo de piedade. El tiña por costume presentar ofrendas ao Xenio do seu pai. De aquí aprendeu o pobo estes piadosos rituais. Pero en pasados tempos, estando os romanos entregados a longas guerras con belicosos exércitos, esqueceron a celebración dos Días dos Defuntos. Esteesquecemento non quedou impune: despois de semellante presaxio funesto, Roma-segundo contan- sufriu a calor das fogueiras fúnebres acesas nos suburbios. Contan-aínda que eu me resisto a crelo- que os nosos antepasados sairon das súas tumbas e comezaron a laiarse no medio do silenzo da noite; e aseguran que a trvés das rúas da cidade e por amplos campos andaron ululando os espíritos sen forma, unha morea de pantasmas.
Despois destes portentos, voltan render ás tumbas os honores dos que se lles privara, e os fúnebres prodixios finalizaron...
...Estes días as etéreas almas e os corpos que recibiron sepultura andan errantes; estes días as sombras dos mortos toman os alimentos que se lles ofrendaron... A este día denominárono Feralia porque se lles leva aos defuntos os honores debidos. Este é o último día para aplacar aos Manes."
IUS IMAGINUM: Na ilustración vemos a un patricio romano coas imaxes dos seus antepasados divinizados segundo o costume recollido como lei denominada "ius imaginum" que era toda unha honra e símbolo de nobreza en Roma, como descendentes dos fundadores da cidade.
NOTAS ADICIONAIS AO TEXTO
Deuses Manes: Deuses dos espíritos dos mortos.
Estixia: Río ou lagoa do mundo dos mortos.
Ceres: Deusa dos cereais.
Latino: Deus protector de Roma.
Eneas: Heroe grego que chega a Italia dende Troia.
Xenio do seu pai: Existía a crenza que un familiar morto pasaba a ser deus protector da familia ou da casa.
UN TEXTO PARA LER E PENSAR
Xa que estamos no Outono e no mes de defuntos tratamos de saber se en Roma existía un Día de Defuntos e axiña descubrimos que hai tamén un mes adicado a eles, era o de Febreiro, pero existía atopamos esta magnífica testemuña lendo nos FASTOS de P. Ovidio Nasón: