A LINGUA: O NOSO SER E ESTAR  NO TEMPO

      A nosa lingua, o galego, é o elemento distintivo máis senlleiro da nosa cultura. Foi froito da nosa historia peculiar como pobo ao longo do tempo. A conformación da nosa lingua até a actualidade obrou, pois, acompañada das nosas vicisitudes históricas, foi coetánea a elas, é filla delas, dos nosos triunfos e fracasos, cuxo resultado é hoxe esta nosa colectividade singular entre o conxunto de pobos do mundo. Lingua, floclore, literatura, costumes, historia, arte, cultura: o noso patrimonio antropolóxico, artístico e cultural.

      Ao noso paso pola historia, os galegos fomos elaborando multitude de eidos que testemuñan, e mesmo describen, O NOSO SER E ESTAR NO TEMPO, isto que hoxe é a nosa herdanza histórica e que aportamos ao conxunto da humanidade, a esa nosa gran empresa colectiva. Mais non só achegamos a nosa arte e a nosa cultura material, senón tamén o noso pensamento, os nosos costumes, a nosa experiencia a través do tempo, e con eles tamén as nosas palabras, todas esas palabras coas que os nosos antergos denominaron as súas paisaxes, os seus obxectos, a súa maneira de amar e de ilusionarse co porvir, como nós mesmos seguimos facendo agora mesmo.

      Seguro que, se un promotor inmoliliario destruise a catedral compostelá e erixise no seu lugar outro edificio, poñeriamos o berro no ceo. Por que entón non dicimos nada cando a nosa lingua esvaece no solar das nosas gorxas, neste eido onde naceu que é o pobo galego? Hai moitos sitios para facer novos edificios que non sexa o solar da catedral, ou non si? Pois o mesmo ocorre coas linguas, cada unha ten o seu solar histórico, o seu territorio e as gorxas e o sentir do seu pobo para falala, o seu espazo humano e xeográfico neste mundo plurilingüe e pluricultural.

      Esta páxina foi concibida procurando que se vexa a lingua como froito da nosa historia, do que nos fixo como somos, á luz da pronuncia dunha serie de palabras que son edificios senlleiros, máxicos no solar do noso ser. Deseñáronse, pois, tres apartados coetáneos:

                                        * Palabras no tempo

                                        * A nosa lingua no tempo

                                        * Imaxes do tempo

      Ao longo destes tres apartados veremos evolutivamente como se conformou a lingua galega, á luz da nosa historia e da nosa arte, do noso patrimonio artístico e monumental, dos nosos solares máis senlleiros, do noso legado como pobo.

     

 

 

Etapas evolutivas da lingua galega:

  

     * Linguas de substrato:

            * Preindoeuropeo:

                     * Euroafricano ou mediterráneo

                     * Hispano-caucásico

                     * Tirrénico

                     * Oestrymnios: Unha paradiña no camiño

            * Indoeuropeo:

                     * Precelta

                     * Celta goidélico

                     * Celta britónico

     * O estrato latino:

                     * Latinización

                     * Algo de lingüística

      * Linguas de superestrato:

                     * Suevo

                     * Unha nova aportación celta: os bretóns.

                     * Árabe

       * Período de formación.

       * Aportacións posteriores.

 

 

      * Idade Media:

               * O esplendor        

               * A decadencia

      * Idade Moderna (Séculos Escuros)

               * Séculos XVI e XVII

               * O século XVIII: A Ilustración.

      * Idade Contemporánea:

               * Primeira metade do século XIX

 

               * O Prerrexurdimento

               * O Rexurdimento     

                   * De 1900 até 1936

               * De 1936 até 1975 

                         * O galego no exilio

                         * O galego baixo o Franquismo

               * De 1975 até hoxe.

 

 

 

PALABRAS NO TEMPO:

 

A NOSA LINGUA NO TEMPO:

 

CARRAPUCHO:

Unha das palabras galegas máis anti-gas (+/- 10.000 a.C.), o mesmo que estas outras que tamén comezan coa raíz carr:

     carrasco, carqueixa, carroucho.

 

Outras palabras desta etapa:

     cosco, mata, queiroga (queiruga,

     queiroa, quiroga).

 

PROPOSTA:

  Procura o seu significado nun bo 

  diccionario: algunha destas voces…

     ¡quizais sexa o teu apelido!

 

 

SUBSTRATO PREINDOEUROPEO 1:

 

 Grupo euroafricano ou mediterráneo:

   Na P. Ibérica foi asimilado ao proto-

   Ibérico.

    

 Área: de Galiza ao norte de África

          até os Alpes. Polo tanto, este

          grupo deixou voces equivalentes

          en toda esta zona.   

Cronoloxía: Fins Paleolítico Superior 

                         (Idade da Pedra)

 PROPOSTA:           

  Preme aquí e infórmate sobre:

      PALEOLÍTICO SUPERIOR EN GALIZA

 

 

IMAXES DO TEMPO

BISONTE MORTO: ALTAMIRA

 

COVA DE ALTAMIRA  (Cantabria)

CABALO (COVA DE TITO BUSTILLO)

 

COVA DE TITO BUSTILLO (Asturias)

 

 

 

 

COTO:

  Outra das nosas antigas palabras (alá polo terceiro milenio a.C.). E tamén so-baco e morango (coas súas variantes: amorodo, morodo, morote, morogo).

 

PROPOSTA:

 as cousas da lingua está claro que o diccionario é o teu mellor amigo.

 Preme aquí embaixo e terás a man un

 Diccionario da Real Academia Galega:

 

     DICCIONARIO GALEGO (RAG)

 

PROPOSTA:

En Galiza xa temos gandería e agricul-ura (co sistema de rozas). E tamén te-mos dolmens ou antas ou mámoas. Aínda hoxe seguen aquí, con nós, arro-

lados no berce da paisaxe, coma o de…             menhir.jpg (71391 bytes)Dombate?

   

E para mirardes megalitos de Europa…

 

STONE: EUROPEAN MEGALITHS

 

 

Lapa (Menhir) de

Gargantáns (Moraña)

 

SUBSTRATO PREINDOEUROPEO 2:

 

  Grupo Hispano-caucásico:

 

  Área: Estendido pola Europa meridional,

           desde o Atlántico até o Cáucaso.

           Era unha étnia (emparentada cos

           protovascos) chegada do Leste.

 

Cronoloxía: Neolítico (MEGALITISMO)

 

MEGALISTISMO EN GALIZA 1

          

MEGALITISMO EN GALIZA 2

            

MEGALITISMO EN PORTUGAL

 

 

DOLMEN DE DOMBATE (BERGANTIÑOS)

SOBRE O DOLMEN DE DOMBATE

 

 

 

PETOUTO:

 ¡Que palabriña máis fermosa, meus!

 É unha herdanza que vén do segundo

 Milenio a. C. 

O mesmo que estas: touza, morea, barro (lugar alto), cama, balsa, lastra, cádavo, esquerdo, veiga, chicharra, parra, codeso, sarna ou abarca.

 

PROPOSTA: O teu apelido?

¡Veña, o diccionario agárdate!

 

SUBSTRATO PREINDOEUROPEO 3:

 

Grupo Tirrénico:

    (Comprende o etrusco e o tartésico)

   

 Área: Ten voces comúns aos países das

          ribeiras do Mediterráneo (Hispania,

          Galia, Italia, etc.) e zonas do Leste

          Europeo.

 

Cronoloxía: Idade do Bronce

                (PETROGLIFISMO)

PEDRA DO LABIRINTO

(MOGOR, MARÍN)

Cervo berrando na

 Rotea de Mendo

(Campo Lameiro)

 

PROPOSTA:

Xa temos metalurxia e debuxos na pedra que nos enchen de fachenda, a que si?

Para ver unha chea deles de petroglifos

preme aquí:

 

VER PETROGLIFOS

 

 

 

UNHA PARADIÑA NO CAMIÑO:

e todo este conxunto de pobos e culturas só chegou até nosoutros un nome, quizais o noso primeiro xentilicio: OESTRYMNIOS: Este nome aparece nun escrito (A ORA MARITIMA (consultar en latín) de Rufo Festo Avieno, onde di:

loca et arva Oestrymnios habitantibus". Nel describe os ha-

biantes de Galiza (os oestrymnios, así coñecidos por nave-

gantes gregos, cartaxineses ou tartésicos) como homes for-

tes e valentes, comerciantes e moi mariñeiros, que sulcaban o mar en barcos de coiro. Esta é unha das primeiras fontes escritas nas que se fala de “Galiza” (Oestrymnia?). A Ora Marítima era un * periplo massaliota * do século VI a.C. que Avieno puxo en verso latino no século IV d. C., xa moitos séculos despois.  * Periplo: descripción dunha viaxe.     

      * Massaliota: de Massala, a Marsella grega (Francia).

 

PROPOSTA:

                    

caso é que a nosa Fisterra non che vos é a única así chamada. Háichevos outras. En Francia? En Irlanda? De que-rerdes ver onde fican… pois á web outra vez. Poñede no Goo-gle: Finis Terre ou Land´s End ou… Ou tamén podes coller un Atlas e a viaxar, con sentidiño e orientación, eh?

FISTERRA  (Finis Terrae)

 en Galiza onde os gregos da Antigüidade situaron a fin do Mundo Antigo, e de onde o poeta grego Homero dicía que aquí o sol completaba a súa volta para logo, co novo día, rexurdir polo oriente.

Os xeógrafos gregos e latinos comezan a escribir verbo do noso país (Estrabón, Plinio O Vello, Floro, Orosio...).

 

 

CABANA:

   Xa temos onde gardar os cereais. Algún día será o millo, pero daquela

aínda eran outros cereais.

 * Outras palabras deste substrato:

cabazo, cabaceiro, páramo, e tamén o sufixo “-asc/-usc”, que tivo tanto uso que acabou adaptándose a termos celtas posteriores e mesmo latinos. Este sufixo está presente en topónimos: Ledusco (A Coruña), Beasque e Viascón (Pontevedra), Tarascón (Ourense); Paraño, Paraños, Paramios.

 

PROPOSTA:

Procura na túa bisbarra topónimos co sufixo –asc/usc. O Mapa Topográfico 1:25.000 pode serche de moita axuda.

SUBSTRATO INDOEUROPEO 1:

 

Grupo Precelta:

 Área:  Centro e o oeste da península.

Cronoloxía: De 1200 a 800 a.C.pobos indo europeos chegan a Galiza. (Ao redor do 1000 a.C., Bronce                  Atlántico ou Final).

* Os indoeuropeos (chamados Alteuropäisch) esténdense polo centro e oeste ibérico. Fála-se de ligures ou ambro-ilirios e Paraceltas, mais seguramente son Protoceltas: celtas arcaicos, anteriores á dialectalización do idioma céltico, pois conservan o antigo son indoeuropeo “p-“, que se perderá no céltico.

 

PROPOSTA:

No Museo de Pontevedra están os tesouros de Caldas, Agolada e Bedoia.

¡Unha marabilla!: hai que velos.

SOBRE O MUSEO DE PONTEVEDRA (PREME AQUÍ)

TESOURO DE

CALDAS DE REIS:

VASO E PENTE (ouro).

 

Este fabuloso tesouro é sen dúbida a meirande acumulación de ouro da Prehistoria de Europa Occidental.

ESPADA DE MEIRA

ESPADA DE MEIRA (MOAÑA)

 

Ao desenvolve-mento da metalur-xia en Galiza du-rante esta etapa, non só na pro-ducción metalúr-xicos, senón incluso na súa exportación, hai que sumar  tamén unha gran varie-dade de cerámi-ca. Todo sinala a importancia que tivo Galiza neste período.

PROPOSTA:

No Museo de Pontevedra están os tesouros de Caldas, Agolada e Bedoia.

¡Unha marabilla!: hai que velos.

 

SOBRE O MUSEO DE PONTEVEDRA

 

BERCE:

 voz que nos arrola desde aquela.

Hai outras voces directamente tomadas do celta: billa, laxe, cheda, rodaballo, centola (había milenios que se practica-

ba aquí a pesca e o marisqueo), beizo, seara, gancho, cántiga, lama,  bugallo, tona, camba, canga, croio, coio, braña, callau, virar, bico, buraco, xouba, touciño...

PROPOSTA: observa os apelidos e topó-imos que deron estas voces.

 

Outras son celtismos traídos aquí polos romanos (por mor do seu contacto cos celtas doutras zonas, como a Galia): ca

rro, camisa, cervexa, braga, cabalo, carpinteiro, camiño, brío, salmón, vasalo…

 

Hai celtismo de recente adquisición: dol

men, bardo, druída, menhir, crómlech,…

 

SUBSTRATO INDOEUROPEO 2:

 

Grupo Celta:

Procedencia: das marxes do Mar Caspio         á montañas do Cáucaso foron vindo cara ao oeste en sucesivas oleadas                       (950-650 a.C.)

Cronoloxía: IDADE DE FERRO

    Área: Foron desprazados de Centroeuropa polos xermanos, e viñeron cara ao oeste até a P. Ibérica en dúas vagas sucesivas:

 

  1ª-Celtas goidélicos:

  S.VIII a.C. Lingua celta arcaica conser  va o “q” ou “kw”) e foi a orixe do gaéli-

  co irlandés, gaélico escocés, mannés, e a el tamén pertencía o celtibérico.

 

 

   Carroza celta. La Tene. Naturhistorisches Museum. Viena

        Carroza Celta (La Tène)

SOBRE ARTE CELTA

(de Hallstatt a La Téne)

Tesouro de CícereCASCO DE LEIRO (Rianxo)

(ouro)

800-600 a.C. aprox.

 

CULTURA DE HALLSTATT (Austria):

A tecnoloxía avanza: coas invasións asociadas á etapada cultura hallstática chegou a metalurxia do ferro a Galiza: melloes apeiros agrícolas, e tamén mellores armas.

 

 

  

Na toponimia temos abundantes voces de orixe celta: Coruña, Braga, Serantes, Tebra. Moitos  topónimos en –bre/-obre (similar a –briga = fortaleza: Brigantium, Conimbriga, Adobriga) e algún en -robe:  Barallobre, Callobre, Lestrobe, Illobre, Ziobre. Tamén hidrónimos, nomes de ríos: Sar, Sarela, Deva, Támega, Limia… 

 

PROPOSTA:

No mapa topográfico 1:25.000 da bisbarra busca topónimos de orixe celta.

Fíxate ben: entre as voces de-vanditas hai apelidos moi coñecidos: non estará o teu entre eles?

 

MÁIS SOBRE OS CELTAS

 

Castro de Baroña (Porto do Son)

SUBSTRATO INDOEUROPEO 2:

(continuación)

 

2ª-Celtas britónicos:

                          S.V a.C. Con “q” ou “kw” trans-

    formado en “p” , que foi a orixe

    do galés, bretón, e da lingua de

    Cornualla.

  

     

                ac8 Carro de

                                 guerra celta

Guerreiro celta                                 

 

   PROPOSTA: COMO LOITABAN OS CELTAS?

   Velaí unha páxina web onde informarte disto.

 

{short description of image}        

      

   Se desexas crear o teu propio entrelazo celta

  (coma o de aquí enriba), preme neste enlace web:

 

UN BRINQUEDO INTERNÁUTICO:

 

Coto do Castro

(Cotobade)

 

 

 

(Cotobade

 
CULTURA CASTREXA (Gallaecia):

  

Resulta da fusión da cultura celta coa cultura autóctona de Galiza.

Estudos lingüísti-

cos permiten su-

por a existencia dunha lingua de rasgos célticos (incluso precél-

ticos) no mundo prerromano do Noroeste, pero emparentado co lusitano máis que co celtibérico.

 

Fig. 14 Coto do Castro (Cotobade, Galicia), typical placement of an Early Iron Age hillfort.

O Peto (Verda)

 
Fig. 27 O Peto (Verda, Galicia) typical placement of a Late Iron Age hillfort.

    (OBSÉRVENSE ESTES EMPRAZAMENTOS DE CASTROS)

 

GUME:

 Voz que deriva do latín acumen.

 Outras voces de orixe latina:

adro (atriu); xeira (diaria); seixo (saxu); xesta (genista); quella (canalicula); londra/lontra (lutra); século (saeculu); seixebra (saxifraga); véspera (vespera); velar (velare); escamar  (squamare); vello (vetulo); vendima (vindemia); tremer (tremere); cancro (cancru); estarrecer (ex terrere); pau (palu); xanela (januella); caravilla (clavicula).

 

Toponimia latina:

Finis Terrae, Iria Flavia, Pontus Veteris ou Duo Pontes; Lucus Augusta, Brácara Augusta; Astúrica Augusta; Ribeira Sacra, Aquae Flavia, Aquae Celenis …

 

Todo topónimo galego que remonte a un antropónimo latino sufixado en –ana estanos a

indicar cun alto grao de seguridade a ubicación dunha antiga “villa” romana:

 

PROPOSTA: Defender e preservar a nosa toponimia e microtoponimia é dignificar-nos como pobo culto.    

PREME AQUÍ

UN EXEMPLO DE SALVACIÓN MICROTOPONÍMICA

ESTRATO LATINO:

É a lingua base da que será a lingua gale-

ga. A latinización iniouse coa chegada dos exércitos de Décimo Xunio Bruto (O Galai-co) no 137 a.C. O primeiro pobo co que loita son os Gallaici, e así chamaron a esta terra Gallaecia. Tamén Xulio César no 61 a.C. fixo unha expedición militar por vía marítima até Brigantium.

E o Emperador Octavio Augusto (29-19 a.C.) fixo operacións militares contra as tribos galaicas, astures e cántabras que supuxeron a súa submisión a Roma.

 

A CONQUISTA DA GALLAECIA POR ROMA

 

{short description of image}

 

Coa romanización comezou a asimilación do latín (na súa forma vulgar) na Gallaecia. Hou-

bo un longo período de bilingüismo que puido chegar nas zonas máis afastadas até fins do Imperio Romano (S. V). A distancia a Roma e o feito de que os romanos que viñeron a Gali-

za proviñan da Bética (onde se fala un latín arcaizante e purista) obrou a favor de que o latín da Gallaecia fose tradicional e conserva-

dor (conserva o ditongo au sen monotongar, que dará a forma ou (Auriense/Ourense).

Ademais, o latín da Gallaecia distínguese xa do falado noutras zonas peninsulares, cun lé-

xico típico do noroeste e poida que cunha pro-nuncia peculiar. Este latín galaico  comezará a diferenciarse dialectalmente dos outros latíns peninsulares (que serán a base do castelán e do catalán) despois do S. VI.

Reconstrucción ideal de la Torre de Hércules, en A Coruña

Puente romano sobre el río Bibei

Ponte romana do Río Bibei (Ourense)

           (Recreación)

 

SOBRE A TORRE DE HÉRCULES

Muralla romana (Lugo) S.III d.C.

 

SOBRE A MURALLA DE LUGO

 

Llamada rectangular: VER MOSTRAS DO NOSO PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICOLlamada de nube: ¡Que paisaxes!Pergamino horizontal: Soldados romanos na Costa da Vela (O Morrazo) coas Illas Cíes ao fondo.

 

Castro (Sta. Tegra)

 

 

 

Reconstrucción dunha

  vivenda Castrexa

     (Sta. Tegra)

 

 

 

Trisquel de Santa Tegrra

 

PREME AQUÍ: HISTORIA DE GALIZA

 

ALGO DE LINGÜÍSTICA

O substrato celta inflúe na fonética

   do latín que se fala na Gallaecia:

  • O paso do grupo latino CT/KT > it:

LECTU > leito ;  NOCTE > noite

  • Sonorización das consoantes oclu-sivas xordas intervogálicas latinas (-P-, -T-, -C-, pasan a: –b-, -d-, -g-) coa fricatización desaparición das sonoras  correspondentes: LUPU > lobo;  METU > medo; LEGE > lei;  NUDU > nu;  CAECU > cego.  
  • Perda do –N- latino intervogálico:

     LUNA > lúa;  TENERE > ter

 

O carácter conservador do latín galaico:

  • Predominio de formas arcaicas: cova en vez do clásico cava.
  • Léxico: seguen a usar verbos como percontari, campsare, quaerere, fabulari (preguntar, cansar, querer, falar) xa perdidos no latín clásico.
  • Preferencia de formas como passaru, metus, dia (por dies), comedere, maneana (paxaro, medo, día, comer, mañá) en vez das innovacións de Italia ou da Galia: avicellus, pavura, diurnu, manducare, matutinu (oiseau-ucello, peur-paura, jour-giorno, manger-mangiare, matin-mattino).

 

 

ADMINISTRACIÓN ROMANA:

O território da Gallaecia pertenceu à pro- víncia de Lusitánia, logo à Tarraconensis e finalmente constituíuse a Gallaecia, xa no S. III, en que se dividiu en tres conventos xurídicos (demarcacións administrativas): bracarense, lucense e asturicense.

   

Miliario romano

 

  As vías romanas foron funda mentais para o avance da ro manización e da latinización da Gallaecia.

 

MILIARIOS E VÍAS ROMANAS

 

 

LAVERCA:

        ¡Un paxaro moi laverco!

Outras voces de procedencia sueva son:

Lobio, britar, feltro…  De influencia sueva tamén é a non ditongación de e/o breves latinos tónicos.

 Hai voces xermánicas incorporadas polo propio latín, froito do contacto secular dos xermanos cos romanos e que estes difun-diron por todo o Imperio (xa antes das  in-vasións xermánicas): Albergue, tregua, el- mo, bando, bramar, xabón, gardar, roubar, dardo, branco, escuma, rapar, gañar…

 

A toponimia de procedencia xermánica, (normalmente fai referencia aos donos da terra e aos fundadores do lugar) é abondo-sa, e preséntasenos cunha serie de sufixos:

-riz: Mondariz, Allariz, Guitiriz…

-mil: Samil, Castromil, Amil, Cristimil…

-monde/munde-i: Vaamonde, Sismundi.

-sende/sinde: Gomesende, Ousinde…  

-ar/-mar: Baltar, Gondomar, Tosar…

-ulfe/-ufe: Arufe, Arulfe, Randulfe…

-xil/-xilde: Froxilde, Faxilde, Ruxil, Tanxil…

 

Outros topónimos aluden á etnia dos seus poboadores: Suevos, A Gudiña, Aldegode, Godos, Gude, Vilagude…

 

Máis tarde, avanzada a Idade Media, as peregrinacións a Santiago achegan xer- manismos procedentes do franco ou do provenzal: xardín, toalla, franco, heral- do, brando, frecha, orgullo, guerra, es-carnir, gabarse, desmaiarse…

SUPERESTRATO XERMÁNICO:

s Suevos:

           Son xermanos occidentais que chegan a Galiza no 409, onde fundan o 1º reino occidental independente (con capital en Braga) tras a caída do Imperio Romano. O Reino Suevo durou até o 585, cando son  vencidos polos visigodos. Os chegados á Gallaecia non foron máis de 25 ou 30 mil. O seu escaso número e a súa débil formación cultural fixo que axiña adoptasen a lingua e a cultura dos galaico-romanos.

 

SOBRE O REINO SUEVO

HISTORIA DOS SUEVOS EN GALIZA

 

s Visigodos:

            Son xermanos orientais orixinarios de Dinamarca e Suecia. Asentáronse no S. V na península des- pois de residir en Lombardía e loitar xunto aos romanos na fronteira búlgara. Despois de vencer os suevos no 585, o seu reino (con capital en Tole-do) rematou coa invasión árabe (711). Pero, máis que polo que nos deixaron, a importancia lingüística dos xermanos radica en que causaron un importante declive cultural e debili-taron as comunicacións entre os distintos reinos do que fora o Imperio Romano. Por isto, o latín de Hispania ficou abandonado ás súas propias tendencias, e, polo tanto, en situación de come- zar unha evolución autónoma a respecto dos demais lugares latinizados de Europa.

 

MÁIS SOBRE ARTE DA ÉPOCA VISIGODA

Crismón de Quiroga (Lugo): 425 d.C.

SOBRE ARTE PALEOCRISTIÁ

   imaxeSanta Comba de Bande. Ourense.

SANTA COMBA DE BANDE. S.VII

 

 

BRETOÑA:

ste topónimo está presente

         en tres  lugares de Galiza:

  • Na parroquia de Curro, no Con-cello de Barro (O Salnés, Rías Baixas, Pontevedra).
  • En Monforte de Lemos, na Ri-beira Sacra. 
  • Entre A Mariña e A Terra Cha, nas montañas da Corda, no norte de Lugo (A Pastoriza).

No caso do da Pastoriza foi estudada a presenza de “britanos” chegados a finais do século V ou principios do VI. Estable-céronse pacificamente na costa norte (entre o río Eo e a Ría de Ferrol).

 

 

Triskel de Castromao de CelanovaPorén, resulta moi curiosa a presenza deste topónimo nas Rías Baixas (Barro).             

UNHA NOVA APORTACIÓN CELTA:

Do topónimo de Bretoña (preto de Modoñe-do) está ben documentada a súa orixe, que foi debida ao asentamento dun grupo de in-migrantes celtas cristiáns chegados desde Gran Bretaña para fuxir das invasións dos saxóns.    

          MÁIS SOBRE OS BRETÓNS

Deseño característico dos celtas irlandeses, cuxa Igre-xa, desde Irlanda (Éire gaélico), cristianizou Britania.

 

{short description of image}

Posuidores dun nivel cultural avanzado, dispuxeron desde o momento en que se instalaron na Gallaecia dunha estrutura organizativa coa que lograron integrarse no esquema do Reino Suevo da Gallaecia, constituindo unha diocese propia con sede en Bretoña, Mondoñedo, e conservando as peculiares características da Igrexa céltica. A sua importante participación nos asuntos do Reino Suevo quedou ben testemuñada pola participación do seu bispo Maeloc nos Concílios de Braga dos anos 561 e 572. A diocese celta de Bretoña era unha das recollidas no Suevorum Parroquiale do Reino Suevo Galaico.

 

CONSULTA MÁIS DATOS SOBRE ESTA APAIXOANTE INMIGRACIÓN:

OS BRETÓNS EN GALIZA

HISTORIA DE BRETOÑA (LUGO)

 

 

 

A MEZQUITA (en Ourense):

Un dos topónimos que nos fican da pre-senza árabe en Galiza.

Outros topónimos son: Rábade (Lugo); Sada (A Coruña); A Almuzara (Ouren-se); Almuíña (Lugo e Pontevedra); Al- foz; Aldea; Benavides; Mamede.

Os árabes pouco estiveron aquí, por iso

directamente deixaron no galego pou-cas voces: argola, albarda, alforxa, acea, aceite, laranxa, arroba, quintal, maquía, albeite…

Moitos outros arabismos foron incorpo-rados ao galego máis tarde (a través do castelán, francés e italiano): alcal-de, alférez, arrebato, alcázar, alfánde-ga, albará, almoeda, alfoz, arroz, algo-dón, alcachofa, cenoria, azucena,  al-banel, atún, adobe, alacrán, arrecife, xabarín/xabaril, albufeira, marfín,  alfi-nete, alcohol, alcatrán, zagal, res, cha-fariz, álxebra, cifra, xarope, regueifa, acibeche, alboroto, enxaqueca, adival, azul, forro, acicalar, mesquiño,  gandu-lo, afagar, aforrar, fulano, ata (prep.), oxalá (interxección).

 

  

SOBRE A INVASIÓN ÁRABE DA PENÍNSULA

SUPERESTRATO ÁRABE:

O ano 711 os árabes invaden España, e o seu caudillo Muza apodérase de Lugo no 714 e doutros lugares durante o reinado de Afonso I. Os árabes permanecen uns 40 anos en Galiza, até que son expulsados por Alfonso I. O seu sucesor, o rei Fruela I (757-768) repoboa Galiza até o Miño con mozárabes e tivo que facer fronte a unha rebelión dos galegos. Os árabes chamaron Jalîkîya (Galiza) a todo o territorio norteño que non estaba baixo o seu dominio.

 

  Almanzor

   Retrato de Almanzor

       (por Zurbarán)

Galiza só pade-ceu unha serie de incursións de castigo por parte dos árabes de Al-Andalus. A máis sonada foi a que dirixiu

 

 ALMANZOR

 

no ano 997, cando levou as campás da Ca-tedral de Santia-go a Al-Andalus.

 

Alhambra Mosaico

   Arte Árabe

 

SON CONSIDERADAS EN CERTO SENTIDO LINGUAS DE SUPERESTRATO AS APORTACIÓNS CHEGADAS NA IDADE MEDIA  DO FRANCÉS E DO PROVENZAL, que veñen ser como un estrato posterior de xermanismos que viñeron a través do Camiño de Santiago:

Do francés: palabras en –axe (fuselaxe, forraxe, paxe), dama, frauta, frecha, prancha, fama, tarxeta, clixe, deán, galope, desmaiar, banda, gabardina, filete, fantoche e outras moitas. A través do francés chegaron tamén outras moitas palabras doutras linguas (do xermánico: ro-quete, tampón, bala; do holandés: frete, berbiquí; do céltico: tanoira; do escandinavo: frota; do turco: caviar; do maxiar: coche).    

Do occitano: lisonxa, rima, romaxe, til, fraile, monxe, pirixel, bacallau, salitre, cordel, estoxo. E do provenzal (principal dialecto do occitano): fortaleza, funil, xograr, gallardo, forasteiro, praia, ciprés, etc. O provenzal tivo o seu momento de maior influencia durante a Idade Media, sobre todo a través da literatura que se espallou polo Camiño de Santiago.

 

COLIBRÍ:

 Unha voz que veu voando desde a

 lingua caribe.

 DRAGÓN:  Do grego drakon.

A influencia da Igrexa foi determinante. Contribuíu a unha maior difusión e fixación do latín e tamén introduciu termos de orixe grega (anxo, bispo, arcebispo, cemiterio, escola, igrexa, caridade…) e alterou o ritmo normal de evolución fonética das palabras orixinando moitos semicultismos: (regra < regula; cruz < cruce; reino < regnu; mágoa < macula; artigo < articulu); e tamén moitos  cultismos: ( capítulo < capítulu; íntegro < integru; vixilia < vigilia; arcano < arcanu; hibernáculo < hibernaculu).

 

APORTACIÓNS POSTERIORES:

Xa constituído o galego como lingua plena-mente fixada, durante a Idade Media e séculos posteriores continuou recibindo aportacións doutras linguas. Viñeron sobre todo por vía culta, especialmente do latín medieval (pois foi durante séculos a lingua da liturxia cristiá, da cultura e das chancelerías dos reinos). Pero tamén do grego (sobre todo pola Igrexa), e doutras linguas romances (provenzal, francés, castelán, italiano) e tamén non romances (sobre todo xermánicas, como o inglés e o alemán). Todas estas aportacións enrique-ceron tamén o noso léxico.  

 

     ARCANXO:

A voz dun espíritu que voou ata nós

desde o grego (arkhangelus).

 Purgatorio

     Dante

 
el_purgatorio_de_dante

 

 

 

EXEMPLOS DOUTROS PRÉSTAMOS:

 

 

Do italiano: sobre todo durante o Rena-cemento e palabras relacionadas coa arte, a música e a literatura (folletín, tenor, fu-sa, terceto, piano, cantata, romanza, arle-quín) e tamén coa vida navegación e a vi-da militar: fragata, capitán, sentinela, piloto, escopeta, etc.

Do inglés: club, filme, folclore, líder, test…

Do castelán: guerrilla, bocadillo, boquilla…

Do portugués: serve para recuperar o léxico no galego..

Do catalán: bou, boliche, faena, fideo…

Do éuscaro: gabarra, ganzúa, boina…

Do alemán: feldespato, potasa, cinc…

Do ruso: tsar, bolchevique…

Do gaélico: crómlech

Do bretón: menhir

Do caribe: tiburón, canoa, caníbal…

Do azteca: cacao, chocolate…

Do tupí: caucho…

Do maia: cigarro…

Do quechua: pampa, cóndor, alpaca…

Do aimará: coco…

Do algonquí: tobogán…

Do taíno: cacique, furacán, xíbaro, caimán…

Das linguas africanas: banana, cachimba, cola

Do xaponés: gueixa, quimono, samurai…

Do malaio: bambú…

Do hebreo: cábala…

Do sánscrito: catre, brahmana…

Do holandés: colza, foque…

Do noruegués: fiordo

 

 

HISTORIA DA ESCRITA EN GALICIA

VOLVER A
DEPARTAMENTO DE GALEGO