| CAMPAÑA A PROL DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA | ||||||||||||||||||||||
| Usar con soltura e normalidade a nosa
lingua é facer uso dun valioso tesouro que debemos e podemos descubrir. A
casa e o centro escolar son os lugares ideais para facilitar aos nosos fillos
e fillas esta importante descuberta. |
||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||
| Esta campaña foi ideada para achegar a vós, pais/nais,
alumnos/as e profesores/as do Colexio San Narciso, a necesidade de abordar
colectivamente a mellora da formación lingüística dos nosos alumnos/as como
a Comunidade Educativa que todos xuntos conformamos. |
||||||||||||||||||||||
|
¿POR QUE NOS DIRIXIMOS A VÓS? Porque queremos que sexades partícipes da necesidade de que a mellor formación dos nosos alumnos pasa por lograr unha óptima integración na sociedade en que se desenvolverán no futuro próximo. Nun mundo fortemente competitivo onde a competencia lingüística vai ser básica para abrirse camiño na vida, temos que ser conscientes todos nós de que non nos podemos permitir o luxo de despreciar ningunha das nosas potencialidades lingüísticas. Neste sentido, a lingua galega é o noso patrimonio distintivo, o noso tesouro. |
||||||||||||||||||||||
|
AS VANTAXES DE MEDRAR CO GALEGO Como docentes, consideramos que conseguir que os nosos alumnos saiban desenvolverse tan ben en galego coma en castelán, aportaralles moitos beneficios para o seu futuro. |
||||||||||||||||||||||
|
VANTAXES NO EIDO EDUCATIVO A aprendizaxe bilingüe dos nenos/as favorecerá e facilitará a aprendizaxe posterior doutras linguas. Os nenos/as bilingües aprenden axiña a relatividade do signo ligüístico e asumen unha base fonética e gramatical máis ampla que lles axuda no acceso a outras linguas. A conciencia metalingüística, é dicir, a reflexión sobre o código que é a lingua, amplíase favorablemente nos nenos/as. |
||||||||||||||||||||||
|
VANTAXES NO EIDO SOCIAL O futuro dos nosos fillos no marco socio-administrativo de Galicia pasa pola súa necesaria competencia nas dúas linguas para desenvolverse con plenitude (oposicións, estudios universitarios, traballos de investigación, creatividade, cultura, etc). Para integrarse nunha sociedade na que o galego vai a máis, o saber galego convértese así nun requisito social, administrativo, laboral e cultural. |
||||||||||||||||||||||
|
VANTAXES NO EIDO ECONÓMICO Unha lingua tamén constitúe un mercado que defende aos seus falantes, porque para operar con maior eficacia nese mercado debe terse en conta a súa lingua autóctona. No mundo da globalización económica, o termos unha lingua diferenciada e vender e mercar en galego, persuade aos operadores económicos globais (empresas, multinacionais) de que en Galicia é mellor contratar galegos para estas actividades. |
||||||||||||||||||||||
|
VANTAXES NO MUNDO DE FALA PORTUGUESA Dentro da Unión Europea, Galicia e mais a Rexión do Norte de Portugal constitúen unha gran bisbarra económica cada vez máis integrada, con mutuas inversións e oportunidades. A lingua galega é básica para coñecer a portuguesa, con máis de 200 millóns de falantes en todo o mundo. Empresas españolas instaladas en Portugal dan prioridade á contratación de traballadores galegos para o mercado portugués. E o Ministerio de Saúde portugués contrata preferentemente enfermeiros e médicos galegos. |
||||||||||||||||||||||
|
VANTAXES NO SEO DA UNIÓN EUROPEA Europa é unha realidade multilingüe, con múltiples países con linguas con maior ou menor número de falantes. Todos os países defenden a súa peculiaridade lingüística como signo de identidade. Ningún país que se precie quere perder a súa lingua. A UE lexisla para preservar esta variedade lingüística. |
||||||||||||||||||||||
![]() |
||||||||||||||||||||||
|
VANTAXES NUN MUNDO MULTILÍNGÜE Así como se procura conservar a diversidade dos seres vivos e o múltiple patrimonio artístico e paisaxístico da humanidade, desde unha perspectiva de ecoloxía das linguas tamén se tenta protexer a rica variedade lingüística planetaria. A diversidade cultural do noso planeta exprésase cunha realidade multilingüe. E isto, segundo a ONU, constitúe un patrimonio común que é vital protexer e potenciar. |
||||||||||||||||||||||