¿QUE É O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (ENL)?

A Consellería de Educación estipulou que para que os alumnos/as dominen a lingua galega ao mesmo nivel que a castelá se creasen en todos os centros de ensino de Galicia os ENL. No Colexio San Narciso vén funcionando o ENL desde o Curso 1994-95. O noso ENL está integrado na estructura administrativa, docente e didáctica do Colexio.

¿QUE FUNCIÓNS DESENVOLVE O ENL?

A súa función primordial é conseguir que os alumnos poidan chegar a ser competentes na lingua galega e a usala digna e normalmente. O ENL participa na Comisión de Coordinación Pedagóxica do Colexio e a través dela convértese nun órgano consultivo e dinamizador da Dirección do Colexio para formular as directrices lingüísticas e culturais do centro.