![]() |
||
|
Equipo de Normalización Lingüística Colexio San Narciso (Marín) PLAN DE POTENCIACIÓN DO GALEGO SINTESE DO NOSO PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN 1ª ETAPA: Este primeiro Plano de Potenciación previsto para durar un ano veuse aplicando
na práctica ata o momento de abordar unha nova etapa no ENL. Os resultados
desta primeira etapa son desiguais, pero con notables avances en materia de
dignificación do uso da lingua galega. Pero o tempo transcurrido e as novidades
lexislativas en materia educativa aconsellaron unha primeira revisión deste
Plan para seguir avanzando no proceso de normalización do centro. 2ª ETAPA
Unha nova estructura do ENL Seguindo o Decreto 374/1996, do 17 de outubro
no que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil
e dos colexios de educación primaria e o Decreto 324/1996 de 26 de Xullo que
aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, decretos
que indican a necesaria presencia do ENL entre os seus órganos, formalizamos
unha nova estructura na que convivan mestres de Infantil e Primaria cos de
Secundaria e Bacharelato nun só Equipo de Normalización para o centro, entre
outras razóns porque o noso colexio tamén conta cun único Equipo Directivo.
Dende entón a nosa estructura foi: As medidas básicas que deberemos adoptar para que o ENL desempeñe o seu labor correctamente, veñen claramente sinaladas na normativa vixente. Unha boa parte das medidas indicadas son xa asumidas no ENL do noso centro ( realízanse actividades normalizadoras contando con centros do entorno, existe un calendario de reunións flexible e adaptado ás necesidades que van xurdindo, tamén se ten feito unha análise sociolingüística do centro) pero debemos recoñecer que pode camiñarse cara unha mellora considerable na regularización da vida do ENL e un óptimo uso do galego no centro. De aí que nacera unha planificación a partir do curso 2000-2001 con intención de establecer un seguimento dos seus obxectivos centrais e, mesmo, a súa posible revisión total ou parcial no transcurso dun período de cinco anos ( 2001-2005) no que se aplicaría este NOVO PLAN DE POTENCIACIÓN DO GALEGO no Colexio S. Narciso. A PLANIFICACIÓN PARA O PERÍODO 2001- 2005 O ENL do Colexio S. Narciso deberá expoñer este PLAN XERAL DE POTENCIACIÓN DO GALEGO e a súa concreción anual ante da Comisión de Coordinación Pedagóxica recollendo tanto propostas de análise do entorno sociolingüístico como de dignificación da lingua, como de propiciar un uso maior e mellor do galego nos distintos niveis de ensino e na vida do Centro. Isto faise máis necesario cando coñecemos que o entorno do Colexio é maioritariamente castelán-falante, o que implica actuar con maior precisión dada a situación minorizada da que parte a nosa lingua e tendo sempre como obxectivo o de chegar a unha competencia plena nas dúas linguas oficiais por parte dos nosos alumnos/as. OBXECTIVOS MÍNIMOS : O tempo adicado a estas unidades será inicialmente de tres horas semanais, naturalmente impartidas en galego, que poderán irán incrementándose a medida que os nenos/as van asimilando e interiorizando o uso do galego. O uso e potenciación do galego en Educación Infantil pasa tamén pola progresiva mellora da biblioteca e ludoteca da aula en galego e a da recomendación e uso de materiais escolares en galego. Adquirimos o compromiso anual de ir creando na ludoteca e biblioteca da aula un fondo de libros en galego. A estas actividades previstas para a súa incorporación no período 2001-2005 debemos engadir as que xa se veñen realizando en galego como actividades de conta contos, cancións, refráns e adiviñas. Os festivais e festas celebradas no Colexio xa se veñen realizando sempre en galego. No referente ao uso do galego por parte do profesorado deberá ser alomenos parcial para poder así asegurar, tal e como se sinala no Decreto, que os nenos e nenas vaian adquirindo unha competencia acorde coa súa idade na que maioritariamente é segunda lingua. Na documentación que emana de Educación Infantil está toda en galego (deseño curricular, proxectos, comunicacións cos pais, informes trimestrais, avaliacións de festas ou saídas educativas...). No tocante ao primeiro ciclo de Primaria No que se refire á lectoescritura, o normal é que se inicie na mesma lingua predominante, aproveitando logo a proximidade dos códigos para ir trasladando á outra lingua as aprendizaxes que se produzan na primeira. De acordo coa lexislación vixente ao remate do 1ºciclo de educación Primaria (calquera que sexa a súa primeira lingua) os nenos e nenas xa deben ter un certo dominio das dúas linguas, LOXSE, art.13.a). B)A PLANIFICACIÓN NO 2º E 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Nestes ciclos, dado que van usar as dúas linguas como vehiculares, deberá planificarse o seu uso, de xeito que, cando acabe a Etapa, estea asegurada unha competencia básica nelas. Calquera dos camiños escollidos para lograr dita competencia non poderá considerar a lingua galega como algo anecdótico ou subordinado. O emprego dunha lingua como vehicular é a mellor maneira de asegurar a súa competencia nela. En consecuencia, o perigo de que nunha lingua a competencia sexa menor evitarase cun maior uso dela nas aulas. No segundo ciclo impartimos en galego as materias de : Lingua galega, Coñecemento do medio, Matemáticas, Relixión e Artística (Dramatización sempre en galego. Plástica e Música en castelán e galego, anque sempre damos preferencia ao galego. En expresión musical emprégase un caderno que é un compendio de fichas para traballar o ritmo musical, lectura e escritura de notas musicais, cancións( galego e casteláns) e iniciación á frauta doce. Non todo está en galego, pero si se imparte a docencia en lingua galega, ao igual que plástica e dramatización). No período 2001-2005 para participar deste Plan de potenciación do galego comezaremos un traballo de recollida de refráns e adiviñas populares para elaborar un caderno-arquivo e unidades didácticas para cada curso e na reedición da revista "PEQUECHAN". Seguiremos potenciando as festas populares: magostos, nadal, maio, San Xoán con recollida de información, vivencias e eleboracións de unidades didácticas específicas. Participaremos no xornal escolar do Concello de Marín. E manteremos o uso do galego nas reunións informativas, informes, etc...e nos encontros Escola-Familia. Pretendemos ampliar e mellorar a utilizacion da biblioteca de aula para potenciar o uso do galego incorporando cada ano-curso novas unidades e libros. C) A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO. Cando o alumnado inicia a etapa de ESO xa debe ter unha competencia aceptable nas dúas linguas, calquera que sexa a súa lingua materna, sen problema ningún nunha ou noutra lingua como vehicular. No noso centro esta competencia non se dá plenamente por igual en todos os alumnos/as, e non parece presentar unha mellora con respecto a anos anteriores. Isto precisa, pois, dunha mellora na planificación de potenciación do galego nos derradeiros cursos de Primaria e nos iniciais da Secundaria encamiñada a que a competencia lingüística sexa plena en ambas dúas linguas. No presente Plan Xeral de Potenciación do Galego debemos pois preocuparnos de que na ESO e Bacharelato a competencia básica se asegure e consolide. Por isto, nestes últimos anos vimos incrementando a presencia do galego como lingua vehicular, seguindo as directrices emanadas da normativa vixente. Por iso propoñemos para o período 2001-2005 introducir progresivamente a lingua galega como vehicular en materias que a pesar de non ser esixidas pola lei os seus profesores non amosan ningún problema á hora de incorporarse ao proceso de potenciación que o noso centro apoia. É o caso do profesor de Educación Física para Eso e Bacharelato que irá, de xeito progresivo (comezando por 1º da ESO) utilizando o galego como lingua vehicular. En colaboración co departamento de linguas, pero especialmente co profesorado de lingua galega realizar un esforzo de reflexión de cómo reforzar o uso do galego na dinámica das clases que permita unha mellora sustancial na expresión, riqueza léxica e competencia lingüística do alumnado introducindo estudiando unha batería de exercicios eficaces e motivadores ( realización de dramatizacións, exposicións, obradoiros de creación e expresión...). Esixiría unha reunión específica e unha aplicación progresiva e avaliación dos resultados e da súa aplicación ano a ano no período 2001-2005 Planteámonos a realización de actividades interdisciplinares en galego que non só impliquen ao Departamento de linguas senón que vaian contribuíndo a creación de materiais en galego específicos e válidos para diversas materias (un exemplo serían cadernos de propostas didácticas de Arte, Historia ou Xeografía e Marín ou o Morrazo). Serían elaborados alomenos unha por ano e poderían incluír iniciativas como as Exposicións monográficas sobre ditos temas. No tocante á dignificación da lingua, aínda que tamén se observa un nivel aceptable, o certo é que seguen presentes conductas e prexuízos que non favorecen o seu desenvolvemento. Requírese un plan de uso e potenciación que leve a crear ese ambiente positivo no que o galego funcione como lingua vehicular e habitual no centro, e a tendencia a reproducirse das conductas diglósicas sexa na práctica inexistente en toda a comunidade educativa. Estas eivas son máis graves e notables no Bacharelato, polo que serán máis difíciles de erradicar na medida en que estes alumnos/as están no final dun proceso educativo e réstalles pouco tempo de convivencia coa comunidade escolar do San Narciso. Neste nivel sería aconsellable actuar cunha campaña específica dirixida máis á concienciación individualizada, de cara a que asuman como necesario e rendable para o seu futuro unha mellora na utilización do galego. En xeral, propomos plasmar, tanto neste Plan como no PEC e no PCC, estas grandes liñas de traballo para os próximos anos. Hai que precisar dita planificación coa redacción do Plan Anual de Potenciación do uso do galego no que se desenvolverán estas directrices nunha serie de propostas e actividades detalladas para cada ciclo educativo e para cada un dos estamentos da comunidade educativa. A modo de borrador citamos a continuación unha serie de propostas para ese Plan Anual de Potenciación do Galego no Colexio San Narciso. D) A PLANIFICACIÓN NO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, NAS TITORÍAS E NOS ASPECTOS ADMINISTRATIVOS E DE RELACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA. A introducción da lingua galega como vehicular neste centro para actividades de Orientación Pedagóxica, Titoriais e de relación cos pais tamén debe ir acompañada dunha importante campaña de concienciación dirixida aos pais para que comprendan a nosa aposta pola mellora na competencia lingüística dos nosos alumnos/as, que a mesma LOXSE contempla, e que os seus fillos e fillas asuman con eles a importancia e rendabilidade futura de que no proceso educativo estea contemplado o uso habitual da nosa lingua. O Departamento de Orientación e acción titorial debe polo tanto impulsar esta dignificación e uso vehicular do galego coa elaboración de material pedagóxico e didáctico (material titorial, enquisas e comunicacións cos pais tanto orais como escritas) para que ante a comunidade educativa no seu conxunto sexa palpable a nosa aposta pola normalización, pola mellora das competencias lingüísticas dos nosos alumnos/as. Neste sentido, se ben hai que destacar un esforzo por parte de algúns titores ou profesores, hai moito que facer ata acadar un nivel óptimo e xeralizado do uso do galego, dado que a lei orienta a que todo este material circule en lingua galega ao igual que o referido á administración do Centro.. O ENL, sen deixar de dinamizar todas as actividades que ata o de agora vén realizando, precisa abordar este árduo traballo para facer que medre e mellore o uso do galego a través dunha planificación consensuada e asumida pola Comunidade Escolar no seu conxunto. Así debe no presente curso realizar unha análise máis pormenorizada de todos estes aspectos que se tocan, para iniciar unha serie de actuacións que conformarán os compromisos de potenciación do galego no Colexio San Narciso. Estes compromisos serán os eixes fundamentais para elaborar un plano anual de normalización que se presentarán como é debido ao Claustro de profesores, a esta Comisión Pedagóxica e á Dirección do Centro para que dito plan sexa aprobado, plan do que será informado tamén o Consello Escolar. O ENL ao longo do presente curso debe actualizar e revisar pois os contidos deste PLAN nacido no 2001 para desenvolver no presente curso 2003-04 e nos vindeiros con coherencia os novos propósitos que a LOCE promove aplicándoos á dinámica de normalización lingüística que o noso centro exerce. Como primeira medida, dado que os obxectivos básicos e as propostas do presente plan son válidas, aprobamos un PLAN DE ACTIVIDADES do ENL para o curso 2003-04 que se adxunta e planteamos de inmediato unha revisión parcial pertinente, ante a Comisión de Coordinación Pedagóxica e o Equipo Directivo, para poñer ao día o PLAN establecido para un período que conclúe no ano 2005. |