PROXECTO DE ACTIVIDADES DO ENL

O noso proxecto está enmarcado no Plan de Potenciación do Galego e preséntase ademáis anualmente en forma se solicitude ante a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación coa fin de opter unha subvención que se solicita tanto para adquisición e elaboración de materiais didácticos en galego, como para os gastos de organización de programas e actividades de uso do galego na Comunidade Escolar. O conxunto de actividades programadas está estructurado do seguinte xeito.

  • Actos de carácter académico.
  • Actos de carácter didáctico.
  • Actos específicos do ENL.
  • Campañas institucionais.

Os actos de carácter académico están orientados ao desenvolvemento tanto no ámbito administrativo como docente do proceso de normalización lingüística promovendo o uso do galego na documentación que se realiza no centro. O uso vehicular nas comunicacións entre o centro e calquera membro da Comunidade Escolar.

Os actos de carácter didáctico son os referidos especialmente ás diversas actividades do calendario escolar nas que o ENL está presente na medida que se procura que en todas as actividades do calendario escolar de infantil e primaria se potencie a utilización da lingua galega. Este apartado lévase a cabo a través dunha coordinación conxunta entre o DACE, o ENL e o Claustro de profesores de Infantil e Primaria.A nosa aposta por un uso normalizado do galego fai deste labor un elemento esencial nunha efectiva potenciación do galego ao longo do curso.

Os actos específicos do ENL están circunscritos a unha campaña da Competencia Lingüística, a elaboración da Revista escolar "Chan do Monte", a Páxina Web do ENL, unha programación de actividades para a Semana das Letras Galegas.

A participación activa nas Campañas institucionais como ENTRE NÓS, EN GALEGO constituen un apartado importante no conxunto de actividades anuais que promove o ENL.