PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DO
EQUIPO DE NORMALIZACIÓN EDUCACIÓN SECUNDARIA
ACTIVIDADES NA ESO e BACHARELATO

1º trimestre:

- Acto de apertura do curso integramente en galego.
- Xornadas de Sensibilización: Material titorial en galego.
- Reunións cos pais e nais: Transparencias e materiais da titoría en galego.
- Magosto: elaboración Unidade e actividades en galego.
- Campaña pola competencia lingüística. Primeiro reparto e posible charla dirixida a toda a Comunidade Escolar.
- ACTIVIDADES PARA NADAL:Traballo sobre o lema anual do centro: SOMBRAS e SONS: actividade parateatral con alumnos/as do 1º Ciclo da ESO e de 1ºe 2º de Bach. traballando contidos tocados na aula sobre literatura (Departamento de Linguas e Normalización).

2ºtrimestre:

- Día da PAZ:Campañas de solidariedade. Nota informativa a toda a comunidade educativa, actividade titorial e Cineforum.
- Entroido: Concurso de coplas e comparsas en galego para secundaria e bacharelato.
- Día da Muller. Festival heptalingüe: MULLER: Música e Linguas. A proposta do Departamento de Linguas (Galega, Castelá, Francés, Inglés, Portugués e Linguas Clásicas) e o ENL coa participación de alumnas de 1º e 2º ciclo da ESO e Bacharelatos.

3ºtrimestre:

- Abril dos libros: Presentación dun libro de recente publicación e visitas de autores
- Participación MOSTRA DE TEATRO DO ENSINO DO MORRAZO.
- CAMPAÑA DA LECTURA: Libros de viaxes e aventuras. Unidade didáctica
- Mostra do Teatro de Ensino Secundario do Morrazo. Creación ou adaptación dunha obra.
- Semana das Letras Galegas: (Teatro-Forum. Edición do Chan do Monte, Marcadores de fomento do uso do galego.
- ACTO DE DESPEDIDA DE 2º de Bacharelato.
- Campaña de Promoción do Galego sobre a importancia da COMPETENCIA LINGÜÍSTICA (unha campaña dirixida a Pais e Nais e Mestres e alumnado que é un dos obxectivos concretos do Plan Anual de Potenciación de uso do Galego que precisará varias reunións para a súa posta en macha en todos os ámbitos do Colexio e etapas educativas, así como para consensuar criterios de avaliación dos resultados da mesma).
- Unidades didácticas sobre Marín e a cultura clásica, a arte e a historia.