Cuadro de texto: COLEXIO SAN NARCISO  Chan do monte 27 – 36900 - Marín  Tlf. 986881408   -   Fax. 986891051  cpr.sannarciso@edu.xunta.es  www.colexiosannarciso.com   

 


SOLICITUDE DE ADMISION PARA O CURSO 2012/2013

Aberto o prazo de  solicitude de admisión para o vindeiro curso do 1 de Marzo ata o 10 de Abril.
A presentación das  solicitudes farase na secretaría do centro en horario de oficina.


ADMISIÓN DE ALUMNOS/AS EN CENTROS DOCENTES
SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS INFORMACIÓN

1.- A solicitude de reserva de praza escolar será única e presentarase no centro adscrito no que o/a solicitante pretenda ser admitido/a. No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, as direccións dos centros comunicaranlles aos interesados e interesadas, a través do taboleiro de anuncios do propio centro, que deberán presentar unha solicitude de admisión, xunto coa documentación xustificativa, para a aplicación do baremo.

2.- Só no caso dos centros que ofrezan este servizo.

3.- Achegarase, se fose o caso, a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición, derivada de discapacidade física, psíquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de trastornos graves da conduta. No caso de alegar situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais achegarán informe dos servizos sociais oficiais competentes que acrediten as circunstancias alegadas.

4.- Indicar se se trata de educación infantil, educación primaria, ESO ou bacharelato.


DOCUMENTACIÓN NECESARIA
:

  1. IMPRESO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN, INFORMACIÓN e INSTRUCCIÓNS (descargar)

  2. COPIA DO DNI DO NENO/A OU COPIA DO LIBRO DE FAMILIA ACREDITATIVO DA SÚA IDADE.


Os impresos e a orde que regula o procedemento para a admisión do alumnado de E. Infantil e E. Primaria atópase no Portal Educativo da Xunta e no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/web/node/544

Instruccións: http://www.edu.xunta.es/web/node/4163